Friday 10 de May de 2024

Loli Silva aumentará o persoal da Policía Local de Oleiros a 57 axentes a candidata á alcaldía pon o foco sobre o incremento da criminlidade no concello


Desde o Partido Popular de Oleiros alértase sobre a tendencia alcista do clima de inseguridade cidadá que se rexistra nos últimos anos. O índice de criminalidade reflicte uns datos preocupantes: durante o ano 2022 tiveron lugar un total de 1.164 infraccións penais no municipio (datos do Ministerio do Interior), o que supón un incremento superior ao 25% con relación a 2021. Estas accións delituosas céntranse principalmente en delitos de furto, roubos en establecementos e -algo que nos preocupa especialmente a todos os veciños de Oleiros- os roubos con forza nos domicilios.

Loli Silva, candidata á alcaldía polo PP de Oleiros, manifesta “é necesario actualizar o número de efectivos da Policía Local ás recomendacións da FEGAMP e a propia UE. A Oleiros, pola súa poboación de máis de 37.000 habitantes, corresponderíanlle 57 efectivos. Na actualidade non pasa de 28. Así non é posible conter esa criminalidade crecente. Se os veciños de Oleiros dannos a súa confianza o vindeiro domingo, aumentaremos o persoal da Policía Local a 57 axentes, para que a acción policial estea dimensionada ao concello e teñamos a presenza policial que necesitamos, así como as melloras necesarias nos tempos de resposta.”